Tras la actuación de L-Mento llega el turno a uno de los platos fuertes de la noche: el trío gallego Bonovo. Presentaron en Plasencia su primer repertorio completo ya que Bonovo es un grupo de reciente creación, a pesar de que ninguno de los tres es nuevo en esto del folk. Oscar Fernández, el zanfonista viene de Os Cempés (que se van a tomar un buen descanso) y el batería "Pulpiño" ya era un viejo conocido nuestro ya que vino con O Jarbanzo Negro hace tiempo.
La fusión que hace este grupo con sus tres instrumentos (zanfona, acordeón y batería) es bastante sorprendente y poco predecible. Los instrumentos no son acústicos al uso como estamos acostumbrados a verlos. El acordeón está conectado a un sistema MiDi (aparte de su sonido original, al estar conectado a un ordenador es capaz de hacer líneas de bajo,disparar samplers...). La batería es electrónica, configurable y capaz de hacer, según nos contó Pulpiño, un millón cincuenta mil sonidos diferentes. La zanfona no iba a ser menos y estaba conectada a una serie de procesadores y pedales bastante curiosa. Por eso no es una formación acordeón-zanfona-batería al uso. Hay más. De hecho ellos mismos dicen que están utilizando un 1% de lo que puede salir de la formación.
Bonovo no defraudó en su actuación. Fueron desgranando temas muy dispares: jotas, muñeiras, improvisaciones variadas... todo pasando por la batidora del grupo creando una especie de discoteca folk en el escenario. Sin embargo, el mejor momento de toda la noche llegó cuando Pulpiño se bajo de la batería, saco un serrucho y un arco de violín y se puso a tocarlo saliendo un sorpredente sonido que dejó boquiabierto a todo el recinto, aplaudiendo cada vez que terminaba de tocarlo.
A dirección artística do Festival Ortigueira vén de anunciar os nomes das cinco bandas que abrirán a cita folk nunha noite adicada a pular aos novos creadores da música de raíz. Sete Saias, Balbarda, Crema de gaita, La Jambre e BOnOvO son as formacións que estarán no escenario Estrella Galicia o xoves 5 de xullo. Por unha noite, o palco principal de Ortigueira será espazo reservado para os grupos emerxentes do panorama folk.
O xurado, integrado por críticos musicais como José Miguel López, director de Discópolis; Emilio Españadero, director de Lume na palleira en Radio Galega; Ángel Varela de La Voz de Galicia; Óscar Losada de La Opinión, Joao Sá do portugués Folklandia e o público da web oficial, inclinouse este ano de forma maioritaria por propostas artísticas que actualizan e reinterpretan a música tradicional (aplicable aos andaluces La Jambre, aos madrileños Balbarda e aos galegos Setesaias e Crema de gaita). Unha liña da que escapa o son festivo e cañeiro de bOnOvO.
22.06.07 Os bOnOvOs non desperdician a oportunidade de descansar un anaco antes dun concerto, e para estar coma na casa non hai mellor que levala a costas. Aquí tedes a proba de que os bOnOvOs sabemos como aproveitar o valioso tempo.
Título: "Fariñenta"
Intérprete: bOnOvO
Autor: Oscar Fernández.
Arranxos: bOnOvO.
Realización:bOnOvO
2.05.07 SEXTA, DE BONOVO.
Procedemos a presentarvos o primeiro tema da maqueta que grabamos recentemente para promocionar ao grupo. Poderedes descargar unha canción totalmente gratis* cada semana (máis ou menos).
Vai o primeiro tema da maqueta promocional de bOnOvO
Título: "Sexta"
Intérprete: bOnOvO
Autor: Oscar Fernández
Arranxos: bOnOvO
Realización:bOnOvO
Hai Catro temas, e comezamos pola Sexta.
Bo Proveito!
28.04.07SUSPENDIDO O CONCERTO DE BONOVO NA FÁBRICA DE CHOCOLATE.
Oscar, Roberto e Pulpiño queremos que saibades que lamentamos a suspensión do concerto-presentación do grupo en Vigo o dia 25 de Abril en "La Fábrica de Chocolate Club".
O caso é que durante a viaxe a Vigo pola autopista e á altura de Compostela recibimos a mensaxe de que non se podía abrir o local esa noite. Non coñecemos que houbera ningunha causa maior de saude, de falta de vontade do grupo nin de pouca afluencia de público prevista.
O que sabemos e que queremos comunicar é que pola razón que fora a sala suspendeu a 4 horas do concerto o que é un desplante para todos, músicos e público.
E non cremos que fora algo non previsible pois algúns días antes outra banda parece que volveu para a casa sin tocar por problemas da sala, e xa pediramos confirmación firme da data ao coñecer esa triste e preocupante circunstancia recibindo un "SI" rotundo por resposta... Álguén tiña previsto deplazarse dende Lisboa para asistir ao concerto, e nós mesmos temos máis que facer que pasear pola autopista de arriba para abaixo.
Sabemos que xestionar unha sala de música en directo é un traballo duro, que se consegue manter a flote despois de anos de traballo e esforzo (tamen dos músicos) e que moitas veces non se ingresa o que se invirte. Diso sabemos tamén moito os músicos.
O que non sabemos é se é que o concello se tirou a pechar salas "aloloco", se a sala non é seria... Agora non sabemos nada, esperamos unha explicación, unha compensación e o máis importante:
Unha disculpa ao público que se achegou á sala e non atopou nin unha triste nota explicando a suspensión, eso parécenos que é faltarlle ao respeto a os clientes e non só aos puideran ir a ese concerto, a todos.
Outra cousa, a web da Sala, ao día seguinte non explica nada sobre este concerto suspendido, si sobre outros aplazados nestas datas e como primeira reseña na sección "noticias":
"La Fábrica de Chocolate Club", escogida sexta mejor sala nacional según los lectores de la Rockdelux. Muchísimas gracias a todos."
Non sei se seguirá merecendo ese posto no ranking...
Xentes de Vigo e o todo o Sur, iremos aló e intentaremos de todo corazón facervos disfrutar. Promesa de bOnOvO.
Pero non acaba aquí a historia (anterior post), e ademáis cambia radicalmente para nós e unha chea de brav@s habitantes da Vila Mariñeira de Ribeira.
No primeiro bar de Compostela despois de sair da autopista , ás 18:30, con cara de tontos diante duns colacaos e uns aquarius xa enterados da suspension do concerto procedimos a enviar sms´s e facer chamadas para avisar aos coñecidos e probables asistentes. Unha delas a Tomás Axeitos de Ribeira que viña a facer o son ao concerto... Tristeza.
¿Tristeza?
¡5 segundos de tristeza! "... e logo... ¿porqué non vindes tocar eiquí?, fago unhas chamadas e confírmovolo..."
Tris, tras, feito. Operativo ao 100% funcionando: Bocatas de xamón, tira para Ribeira, en 3 horas concerto de bOnOvO no Bar Bonaparte de Ribeira, ambiente estupendo, bar cheo pero sin agobios, son excelente, xente achegándose dende Porto do Son, ¡un ferrolano ex veciño Oscar entre o público!, dous Bises (porque para repetir temas cun chejalle ben..), post-conserto encantador: un verdadeiro plaser. ¡¡¡Péjouseme o asento!!!
07 Concerto de bOnOvO e máis!! Se queres estar ao dia, se queres aprender, escoitar e desfrutar coa música e docencia da zanfona contemporánea, achégate a Narón. Participa. Lembraralo. Concertos e teatro: 16 de marzo ás 20,30h. Auditorio de Narón.
14.02.07 Nova entrada na sección de videos. Vías nos conta como un día atopou un serrucho, un serrucho máxico! A música é do grupo madrileño Racalmuto, co que Vías colaborou recentemente co seu máxico instrumento. ver videos
12.02.07 Os viruses virulentos fan estragos na mini-xira choqueira de bOnOvO.
Os concertos de bOnOvO na Coruña terán que esperar debido ao ataque de un reximento de virus a un dos membros do grupo. Nada grave. Estamos mirando a posibilidade de pospoñelos. Manterémosvos informados. Saúde!
15.01.07_Benvid@s a bOnOvO.org !
bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior conforman o trío... Lixeiramente asíncrono.
A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes.
bOnOvO comezan aquí o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíbel.
bOnOvO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailábel, que non deixará a ninguén indiferente. Pode ou non facer bailar teu corpo, pero de seguro que si o fará a túa mente.