bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior conforman o trío... Lixeiramente asíncrono.
A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes.
bOnOvO comezan aquí o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíbel. bOnOvO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailábel, que non deixará a ninguén indiferente. Pode ou non facer bailar teu corpo, pero de seguro que si o fará a túa mente.
.jpg)
|