bOnOvO

  • bOnOvO
  • Roberto Grandal
  • Óscar Fernandez
  • Pulpiño Viascón
  • Tomás Ageitos

bOnOvO en ITunes

Agora tamén podes atopar a bOnOvO en iTunes.

 

bOnOvO en Deezer

Bonovo en Deezer. A radio de internet con máis de 7 millóns de usuarios en Francia

 

Saida da reedición do disco de bOnOvO

O martes 16 de febreiro sae á venda a nova edición do CD de bOnOvO, a cargo de BOA.

A distribución vai ser internacional e atoparase o CD en todas as tendas de referencia do estado.

 

 

Cantigas do Camiño

O disco “Cantigas do Camiño” verá a luz o 4 de marzo.

O disco editado por Boa co patrocinio do Xacobeo2010 mostra unha selecta escolma de artistas Galegos que renden homenaxe ao Camiño este ano Xacobeo.

bOnOvO non quixo perder esta oportunidade e decidimos compartir esta honra cos compañeiros e amigos de La Musgaña, toda unha honra, que non dubidaron en sumarse ao proxecto.

A obra conxunta, instrumental e tradicional que dimos en chamar “A Ruta esquecida”, esta composta por dúas “jotas” unha galega: “Jota de García”, e outra zamorana “Jota Alistana, que fai referencia á localidade de Aliste

O Camiño Hispano ou Camiño da Prata, é unha das rutas de ten orixe nunha antiga vía romana que comunicaba Mérida con Astorga, e cruza Portugal para entrar en Galiza por Verín, Ourense…

Esta ruta é ás veces esquecida, como pasou con outros vínculos culturais que de sempre entroncaron as tradicións do centro e sur da península coa galega, seguindo a tendencia da idade media, no que o camiño era unha das principias vías de transmisión cultural europea.

 

Título_A Ruta Esquecida
Tradicional, Galicia/Zamora

Arranxos_ bOnOvO / La Musgaña

Carlos Beceiro_Buzuki

Jaime Muñoz_Gaita Charra, Clarinete

Óscar Fernandez_Zanfona

Pulpiño Viascón_Percusión e Samplers

Roberto Grandal_Acordeón e Baixo Midi

Tomás Ageitos_Gravación e Mesturas

Jose M. Castro_Gravación en Madrid

 

Ao Estudio

bOnOvO grava unha pista para o disco homenaxe a Milladoiro

Entramos ao estudio para a gravación do tema que formará parte da homenaxe a Milladoiro, no que tamén aparecen nomes galegos como Fía na Roca, Narf ou Manecas Costa entre outros.

Venres 4  Gravación - Estudio NAKRA en Culleredo, A Coruña

Sábado 5 Misturas - Estudio LA CASITA en Ribeira, A Coruña

Domingo 6 Masterización - Estudio NAKRA en Culleredo, A Coruña

A distribución farase de xeito gratuito xunto co xornal Coruñés La Opinión este Nadal.

 

 
Página 1 de 2

DATAS

17-setembro-2010
O Porriño (Po)
 
30-xullo-2010
Narón
 
25-xullo-2010
Edimburgo Escocia
 
24-xullo-2010
Edimburgo Escocia
 
23-xullo-2010
Edimburgo Escocia
 
22-xullo-2010
kulmino - Le Panorama
Spectaculaire
Notre dame de Monts
Francia

21h30 - entrée libre
 
10-xullo-2010
Muros
 
3-xullo-2010 - Teo
Música na noite XVIII
 
27-mar-2010 / 22h15
Centro Cultural Caixanova
Pontevedra
Entradas:8 €
 
06-dec-2009 - Coruña
Masterización disco
homenaxe Milladoiro
 
abada.jpg

JA Control Panle